Aberto o prazo de inscrición para o “Laboratorio de lectura e escritura” do Concello

O Concello de Vigo programa un obradoiro de lectura e escritura dirixido a mulleres e que será impartido po María Carrazoni. Esta actividade terá lugar os días xoves de 19.00 a 20.00 horas dende o 10 de outubro ó 28 de novembro, no local do Centro de Documentación de Recursos Feministas.
Publicado por o día 02/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Aberto o prazo de inscrición para o “Laboratorio de lectura e escritura” do Concello

A través da lectura e o comentario des textos literarios escritos por mulleres, as persoas que participen no obradoiro escribirán pequenos relatos para ler e comentar en grupo. Compartindo as propias historias e escoitando as historias das demáis persoas, o obxectivo é valerse das palabras para expresar e simbolizar conflictos e emocións. O obxectivo é converter a lectura e a escritura en grupo nunha conversa que invite a reflexionar sobre as experiencias das mulleres.

Serán 8 sesións en horario de 19:00 a 20:00 h. Xoves desde o 10 de outubro a 28 de novembro. A actividade esta dirixida a mulleres, é gratuíta e ten prazas limitadas. O prazo de inscrición remata o 7 de outubro

Inscricións:
-Centro de Documentación e Recursos Feministas: r/ Joaquín Yañez, 6-2º andar ( Vigo) persoalmente en horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 h. – martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h ou a través do enderezo electrónico [email protected]

-Concellería de Igualdade do Concello de Vigo . 1º andar do Concello de Vigo, persoalmente en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 h ou a través do enderezo electrónico [email protected]

Máis información:

Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. T. 986 436 441 [email protected]

Horario: luns e venres 10:30 a 13:30 h.- martes a xoves 16:30 a 20:30 h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.