Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros Infantís e para a actividade SurfeaMOS no Nadal

Aínda quedan prazas libres para os talleres de manualidades do vindeiro sábado na Biblioteca e en San Eleuterio
Publicado por o día 10/12/2018 na sección de Galicia,Mos

Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros Infantís e para a actividade SurfeaMOS no Nadal

O Concello de Mos informa de que hoxe abriu o prazo de inscrición no Campamento de Nadal para Escolares e na actividade SurfeaMOS no Nadal, así como de que aínda quedan prazas vacantes para poder participar nos talleres navideños de manualidades que o vindeiro sábado se impartirán na Biblioteca Municipal e no Local Social de San Eleuterio.

O sábado 15 de decembro impartirase un obradoiro infantil de manualidades de Nadal en horario matinal de 11:00 horas a 13:30 horas tanto na Biblioteca Municipal na Porteliña como no Local Social de San Eleuterio. É precisa inscrición previa no correo electrónico omix@concellomos.es e no teléfono 986339404. Vai dirixido a nenos de 5 a 12 anos de idade e as inscricións poden formalizarse ata o día 12 de decembro.

A actividade SurfeaMOS  no Nadal realizarase os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:15 horas a 14:30 horas dirixida a mocidade de 10 ata 17 anos preferentemente. Ten un prezo de 39 euros e as incricións poderán realizarse dende hoxe día 10, ao 21 de decembro.

O Campamento de Nadal para Escolares será os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 9:00 horas a 14:30 horas no Colexio Mestre Martínez Alonso, Castro-Mos, cun prezo de 55 euros. As inscricións deberán realizarse entre hoxe e o 19 de decembro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.