Aberto o prazo de inscripción para participar na carreira “VII Nigrán Area” pola praia o 11 de Agosto

Publicado por o día 01/08/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Aberto o prazo de inscripción para participar na carreira “VII Nigrán Area” pola praia o 11 de Agosto

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan o sábado 11 de agosto a oitava edición da Carreira “Nigrán Area” que dará comezo as 10:00 horas desde a praia de Panxón e que discorre por este areal e Praia América aproveitando a marea baixa. Os interesados en correr (federados ou non) poden inscribirse ata o 9 de agosto ás 22:00 horas na páxina da Federación Galega de Atletismo (https://www.carreirasgalegas.com ).

A participación na carreira absoluta (6.000 metros) ten un custe de 6 € e está habilitada tamén para anotarse e facer o pago a oficina da Piscina Mancomunada da Ramallosa (o resto das categorías son gratis e, ademais da web, poden apuntarse na Oficina de Turismo de Praia América). O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo (a absoluta disporá, asimesmo de chips para o control de tempos).

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/sub 16 e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns/Sub 10 ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.