Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE 2019

Por o 01/04/2019 | Sección: Bueu,Cangas,Galicia,Moaña,Pontevedra
Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo  XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE 2019

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño.

No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal.

O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade:

• Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.

• Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

Para isto, o programa formativo centrarase en:

• Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio, isto é, a activación do capital social: implicar a iniciativas que xa están en marcha, procurar novos aproveitamentos, ou aproveitamentos alternativos aos actuais, etc.

• Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.

Nesta edición de 2019, a proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver baixo a metodoloxía de “formación-acción” serán os seguintes:

1. Horticultura ecolóxica (17h.) Abordaranse contidos de:

* Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico

* Requisitos xerais sobre a normativa de agricultura ecolóxica

* Manexo do solo en cultivos ecolóxicos

* Deseño do horto ecolóxico.

* Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo

* Operacións de cultivo

* Fertilización

* Bases para a elaboración de compost

* Sementeiros: preparación de plantas para o horto.

* Invernadoiros

* Asociacións e rotacións de cultivos.

* Pragas e enfermidades. Tratamento e control.

2. Sistemas gandeiros ecolóxicos (9h.) Abordaranse contidos de:

Apicultura ecolóxica:

* A produción apícola dende o punto de vista ecolóxico.

* A abella e o apicultor. Colmeas.

* Instalación do apiario. Transhumancia.

* Os produtos. Extracción.

* Manipulación de colmeas. Alimentación e multiplicación.

* Pragas e enfermidades. A Velutina.

Ovino e caprino ecolóxico:

* Instalacións, maquinaria e equipos na explotación.

* Alimentación.

* Manexo de praderías e cultivos forraxeiros

* Manexo reprodutivo e bases da sanidade.

Porcino ecolóxico:

* Instalacións, maquinaria e equipos.

* Alimentación en ecolóxico.

* Manexo reprodutivo e bases da sanidade en porcino ecolóxico.

* Cría e cebo en porcino en ecolóxico.

* Manexo de praderías e cultivos forraxeiros en porcino ecolóxico

3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (12h.) Abordaranse contidos de:

* Os sistemas agroforestais

* Os sistemas agrícolas, forestais e agroforestais e a PAC

* A xestión forestal: viveiros, silvicultura de coníferas e silvicultura de frondosas (castaño, carballo, nogueira,…)

* Usos alternativos dos sistemas agroforestais

* Prevención de sistemas agroforestais

O castiñeiro

* Edafoloxía, ecoloxía e fisioloxía do castaño

* A multiplicación do castaño. A poda

* Fitopatoloxía do castaño. Prácticas culturais

Micoloxía como alternativa produtiva forestal

* Xeneralidades. Ordenación taxonómica

* Reprodución

* Métodos de clasificación

* Detalle de familias, xéneros e especies

* Fungos comestibles e as súas parellas tóxicas

4. Sector ecolóxico-Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (6h.) Abordaranse contidos de:

* Responsabilidade Social Corporativa e Innovación.

* A importancia de vender: produto / marca / proxecto.

* Fases da venda (mercado local, feiras, grupos de consumo,..).

* Plan de marketing.

* Comunicar en 360º.

* Creación e rexistro de marcas.

Os cursos contemplados do programa formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.