Aberto o prazo de solicitude das axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro

Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Aberto o prazo de solicitude das axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro

O Concello de Ribadumia informa que o no BOPPO do pasado día 25 de marzo publicouse a aprobación definitiva das bases e criterios de distribución para as subvencións municipais a asociacións e entidades sen ánimo de lucro as cales recollen así modificacións respecto as de anteriores convocatorias.

Entre as modificacións aprobadas cabe destacar:

-Na resolución, de ser esta positiva, farase constar a contía da subvención concedida, a forma de pagamento, o programa afectado e as condicións nas que se outorga, así como a comunicación do ingreso, en concepto de anticipo por xustificar, do 25% da axuda concedida na 1ª fase, anticipo que se xerará automaticamente para todas as entidades e/ou asociacións solicitantes unha vez sexa aprobada a concesión do 85% polo órgano competente

-A comisión avaliadora poderá valorar de xeito excepcional, previa solicitude da entidade e/ou asociación correspondente, a inclusión de actividades e/ou patrocionios inicialmente non incluídos na memoria inicial, sempre que se xustifique a imposibilidade desa inclusión inicial ou que sexan considerados de interese xeral e/ou teñan relevancia para o Concello de Ribadumia.

No Boletín Provincial do día 26 de marzo publicouse a convocatoria de ditas axudas a estas entidades que desenvolvan accións no Concello de Ribadumia e que poderán presentar as súas solicitudes no prazo dos 60 días naturais seguintes a data de convocatoria.

As entidades culturais, deportivas e sociais foron beneficiarias, a través da anterior convocatoria destas axudas, do reparto de 63.000,00 €.

Estas liñas de axudas veñen a apoiar a laboral cultural, deportiva e social que fan as entidades beneficiarias e que supón un enriquecemento importante para o benestar e o crecemento social do municipio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.