Aberto o prazo de solicitude das axudas para funcionamento e profesorado das escolas de música

Esta liña conta cun orzamento total de 80.000 euros e o prazo de solicitude rematará o 15 de outubro
Publicado por o día 23/09/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

Aberto o prazo de solicitude das axudas para funcionamento e profesorado das escolas de música

A partires de mañá e ata o 15 de outubro poden solicitarse as axudas a escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra: https://sede.depo.gal. Esta liña ten por obxecto subvencionar o funcionamento e profesorado, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes de entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación musical. As bases contemplan, ademais, que estean radicadas na provincia de Pontevedra.

Para esta liña de subvencións a partida orzamentaria é de 80.000 euros e a súa concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Para a adxudicación teranse en conta catro criterios: o número de alumnas e alumnos matriculados no curso 2017-2018; o número de as e os docentes; o orzamento da escola de música; e o grao de desenvolvemento artístico na zona.

A solicitude corresponde á entidades titulares da escola de música que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As bases tamén establecen a obriga de que a entidade non estea incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e que estean ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación.

A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo da actividade ou investimento que desenvolva a entidade beneficiaria.