A Xunta publicará mañá a Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a convocatoria dos procedementos selectivos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coa finalidade de abrir de novo o prazo para que as persoas interesadas se poidan inscribir nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro. Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeran no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020. En calquera caso, se as persoas xa inscritas desexasen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.
O novo período de inscrición circunscríbese unicamente ás 603 prazas convocadas en 24 especialidades do corpo de profesorado técnico de FP, que se distribúen do seguinte xeito:
Código/especialidade
|
Reserva persoas con discapacidade
|
Libre
|
Total
|
|
201
|
Cociña e Pastelaría
|
2
|
24
|
26
|
202
|
Equipos Electrónicos
|
3
|
39
|
42
|
203
|
Estética
|
2
|
22
|
24
|
204
|
Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble |
2
|
23
|
25
|
205
|
Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos |
1
|
15
|
16
|
206
|
Instalacións Electrotécnicas |
2
|
22
|
24
|
208
|
Laboratorio
|
1
|
11
|
12
|
209
|
Mantemento de Vehículos |
4
|
46
|
50
|
210
|
Máquinas, Servizos e Producción |
—
|
5
|
5
|
211
|
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
1
|
17
|
18
|
214
|
Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios |
1
|
19
|
20
|
216
|
Operacións de Produción Agraria |
1
|
15
|
16
|
217
|
Patronaxe e Confección |
1
|
17
|
18
|
218
|
Peiteado
|
2
|
21
|
23
|
219
|
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico |
1
|
15
|
16
|
220
|
Procedementos Sanitarios e Asistenciais |
2
|
30
|
32
|
221
|
Procesos Comerciais
|
2
|
22
|
24
|
222
|
Procesos de Xestión Administrativa |
3
|
45
|
48
|
223
|
Produción de Artes Gráficas |
1
|
15
|
16
|
225
|
Servizos á Comunidade
|
2
|
31
|
33
|
226
|
Servizos de Restauración |
1
|
16
|
17
|
227
|
Sistemas e Aplicacións Informáticas |
4
|
51
|
55
|
228
|
Soldadura
|
1
|
19
|
20
|
229
|
Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son |
2
|
21
|
23
|
Total
|
42
|
561
|
603
|
O obxectivo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con esta ampliación da oferta é contrarrestar os efectos da LOMLOE, que prevé a extinción deste corpo, fundamental para a formación do alumnado de FP, especialmente no ámbito práctico.
Noticias de última hora en Vigo