Dende o luns 24 de xullo ata o vindeiro xoves 3 de agosto pódense solicitar as autorizacións para a instalación, uso e explotación de trece (13) postos (Barra de Bar) de bebidas e comida rápida (bocadillos fríos, comida elaborada e snacks), os días comprendidos entre o 19 e 20 de agosto de 2017 que deberá axustarse obrigatoriamente a algunha das seguintes modalidades:
• Venta de BEBIDAS SEN ALCOHOL . Esta modalidade de venta directa ao consumidor soamente autorizará a venta directa de bebidas sen alcohol, ademais da venda de comida rápida (bocadillos fríos, comida elaborada e snacks)
• Venta de BEBIDAS CON ALCOHOL. Esta modalidade de venta directa ao consumidor autorizará a venta directa de bebidas con e sen alcohol, ademais da venda de comida rápida (bocadillos fríos, comida elaborada e snacks)
A vixencia da autorización será coincidente coa duración da instalación da barra, que será dende o venres 18 de agosto de 2017 (data da instalación) ata o domingo 20 de agosto de 2017 (data do desmontaxe).
Esta autorización de uso especial de dominio público, provisional e en precario, que non xenera vínculo estable, nin dereito no comerciante sobre o dominio pública e sen dereito a indemnización no caso de que a administración exerza o dereito á revogación unilateral da autorización por razóns de utilidade pública.
Noticias de última hora en Vigo