Abraldes analiza con Augas de Galicia a construcción da nova depuradora

Por o 12/09/2019 | Sección: Galicia
Abraldes analiza con Augas de Galicia a construcción da nova depuradora
Compartir en:

O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdz. Abraldes, entrevistouse onte coa Directora Xeral de Augas de Galicia, Dna. Teresa María Gutiérrez, para falar da construcción dunha nova depuradora central que o Goberno Municipal ten planificado construir. O Concello xa mercou os terreos necesarios para a ubicación desta Instalación, que dará servizo á parroquia de Perdecanai e a boa parte das de Agudelo, Barro e Valiñas.

Na entrevista mantida coa Directora Xeral, o Alcalde explicou cal era a situación do saneamento no Concello de Barro e o interés do Goberno Municipal en achegar este servizo a moitos máis lugares dos que chega agora. Nela tamén se analizou a posible colaboración de Augas de Galicia para levar a cabo a execucción desa nova depuradora.

O Goberno Municipal solicitará á Consellería a redacción do proxecto constructivo, como primeiro paso para buscar o financiamento das obras, co obxetivo de que este equipamento sexa unha realidade no actual mandato.

O Alcalde tamén aprobeitou a reunión coa Directora de Augas para explicar a situación do abastecemento de auga potable e o interés do Goberno de Barro en poder abastecerse dende o Pontillón de Castro, como reforzo ás captacións propias do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.