Abre o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

A partir do martes 2 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual.
Publicado por o día 28/05/2020 na sección de Galicia,Vigo

Abre o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

A partir do martes 2 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual.

Martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00.

Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado os luns.

Debido á nova situación derivada da crise do Covid-19, e en cumprimento da normativa sanitaria vixente a día de hoxe para espazos públicos pechados, preparamos as seguintes indicacións e recomendacións que facilitarán o acceso e circulación de persoas no interior do museo, á vez que garanten a seguridade de visitantes e persoal.

NORMAS DE ACCESO

Medidas sanitarias de seguridade e protección ante Covid-19

XERAL

· É obrigatorio o uso de tapabocas.

· Manteña a distancia mínima interpersoal de 2 metros.

· Utilice o xel desinfectante nas zonas habilitadas para tal fin.

· Os bolsos de man ou mochilas terán un tamaño máximo de 30×30 cm.

· Non está permitido entrar con alimentos ou bebidas.

SALAS E ESPAZOS DE TRÁNSITO DE VISITANTES

· Siga a sinalización para circulación no interior do edificio.

· Respecte a capacidade indicada para cada sala ou actividade, situadas en lugares visibles á entrada de cada espazo.

· Non toque as obras e elementos en exposición, así como as superficies de vitrinas, peañas e carteis.

· O uso do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, agás no caso de acompañantes de persoas dependentes.

BIBLIOTECA-CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

· A Biblioteca-Centro de Documentación continúa aberta ás persoas usuarias, de xeito virtual.

· Presencialmente, só mediante cita previa para investigadores, ata novo aviso.

SERVIZOS

· O Restaurante-cafetería Miguel Oliveira está aberto no seu horario habitual.

· Os aseos están dispoñibles na planta baixa.

· No caso de aseos adaptados e zonas de lactación, por favor solicite a chave no despacho de billetes.

· O servizo de gardarroupa e cacifos individuais permanecerán pechados ata novo aviso.

· Está permitida a entrada de cans-guía.

INFORMACIÓN

· Consulte a información sobre as exposicións e actividades nos códigos QR accesibles en cada sala ou espazo de tránsito.

· Siga as indicacións do persoal do museo, dispoñible para calquera dúbida, consulta ou información complementaria.