Abre o prazo de inscricións da 9º edición de Vigo Porté

O coreógrafo “Poty” acudirá unha vez máis a Vigo para presentar o evento e presidir o xurado
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Abre o prazo de inscricións da 9º edición de Vigo Porté

O evento Mundial de Disciplinas de Baile Vigo Porté 2020, que este ano chega á súa novena edición, acaba de arrincar e abre inscricións. O certame deste ano celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril no Auditorio Mar de Vigo. Lorena López, Directora do evento, avanza que a edición deste ano será máis participativa que a da edición anterior xa que se espera superar os 2.000 participantes; pois xa se recibiron confirmacións de asistencia de escolas de baile novas de Madrid, Barcelona e Portugal. Todos aqueles centros de danza interesados en participar no 9º Trofeo de Baile Ciudad de Vigo, poden solicitar a súa inscrición a través da páxina web do evento: www.vigoporte.com.

Unha das principais novidades deste ano é a creación dunha nova categoría na competición, a categoría Mini; que se une á Infantil, a Junior e a Absoluta. A maiores desta nova categoría, realízase un cambio nas disciplinas pasando de 5 disciplinas por categoría a 6: Urbana, Folclore, Musicais & BSO., Fusión, Clásica e Contemporánea, sendo estas dúas últimas as novas incorporacións que nas edicións anteriores realizábanse dentro de una mesma disciplina.

Outra das novidades é o aumento na contía dos premios que pasa de 11.000 a máis de 16.000 euros, coa incorporación desta nova categoría.

O coreógrafo “Poty”, presidente do Xurado Javier Castelo Poty acudirá unha vez máis a Vigo para presentar o evento e presidir o xurado dun certame que, como el mesmo cualifica, é “absolutamente espectacular”.

Segundo o prestixioso coreógrafo, “trátase dun dos eventos de danza máis importantes de Europa e, desde logo, o máis importante de España. Para unha cidade como Vigo é unha sorte ter un acontecemento cultural destas dimensións e que ademais leva o seu nome”. Poty destaca o incrible nivel de danza que acolle a cidade de Vigo e afirma que se trata dun certame que “é xa un referente internacional no mundo do baile”..

Todos aqueles centros de danza interesados en participar no 9º Trofeo de Baile Ciudad de Vigo, poden solicitar a súa inscrición a través da páxina web do evento: www.vigoporte.com

VIGOPORTÉ 2019

Durante os tres días de competición de Vigo Porté 2019, participaron máis de 1.200 participantes de 55 centros de danza diferentes de todo o mundo que bailaron máis de 200 coreografías. Durante o certame repartíronse máis de 10.000 euros en premios e a edición de 2019 obtivo categoría de certame mundial grazas á presenza de Chile. Foi a primeira vez que puido seguirse o certame por streaming.

A Escola de Flamenco María Rial de Vigo e Galicia en Danza de Baiona alzáronse coa vitoria nas categorías absoluta e junior, respectivamente, coas súas coreografías “ Yung Hab” e “ Another Day of Sun”. A Escola de Baile Arte & Danza de Vigo alzouse como o grupo gañador do Premio Vigo Portei da categoría infantil coa súa coreografía “ Hairspray”.