Ábrese o prazo de inscricións na 9ª Carreira do Cocido, que se celebra o 17 de febreiro

Como novidade este ano ofrecerase un percorrido curto de 5 quilómetros en categoría absoluta
Publicado por o día 16/01/2019 na sección de Galicia,Lalín

Ábrese o prazo de inscricións na 9ª Carreira do Cocido, que se celebra o 17 de febreiro

O concelleira delegada de Eventos Deportivos, María Jesús Sánchez, anunciou a apertura do prazo para inscribirse na 9ª edición da Carreira do Cocido, que este ano se celebra o domingo, día 17 de febreiro. As inscricións poderán realizarse ata 3 días antes do evento a través da páxina web championchipnorte.com.  O prezo das inscricións é de 5 euros, sendo totalmente gratuíto para nenos, factor polo que a concelleira fixo un chamamento á participación infantil na que cualificou como a mellor carreira do inverno en Galicia.

Unhas das principais novidades deste ano con respecto a pasadas edicións radica en que ademais de realizárense percorridos adaptados ás diferentes categorías infantís, se ofrecerán dúas distancias en categoría absoluta; unha curta de 5 quilómetros e outra longa como a de anos anteriores de 10. Con estas dúas modalidades búscase facilitara participación do máximo número de persoas posible. Do mesmo modo que se fixo en edicións anteriores, na Carreira do Cocido 2019, que organiza o Concello de Lalín coa colaboración de Atletismo Deza, a proba concentrarase no centro da vila, de xeito que tanto a saída como a meta estarán no entorno da Praza da Vila. Con isto preténdese atraer xente  ao centro de Lalín e dinamizar o casco urbano.

Sánchez animou a todos os deportistas e afeccionados a anotarse “na mellor carreira popular do inverno en Galicia” e fixo fincapé na capacidade deste tipo de eventos deportivos para dinamizar a vila, lembrando a aposta do Goberno de Lalín por fomentar o deporte base, “con probas gratuítas para nenos e nenas e percorridos adaptados a todas as idades”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.