Ábrese o prazo para as inscricións na escola de ocio e no plan madruga

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

Ábrese o prazo para as inscricións na escola de ocio e no plan madruga

O Concello de Ribadumia informa de que dende o día 24 ata o 30 de agosto se poderán facer as inscricións para a Escola educativa para o ocio e o tempo libre e para a Aula de acollida (Plan Madruga).

En ámbolos dous casos poderá haber limitación nas prazas a consecuencia dos protocolos de actuación do COVID19, e polo tanto será obrigatorio entregar un certificado de empresa onde se indique o horario laboral do pai e da nai, xa que será o primeiro criterio de admisión a conciliación laboral dos pais. E o segundo criterio será por extricta orde de rexistro de entrada.

No caso da escola educativa para o ocio e o tempo libre. Tamén se prevé a posibilidade de dividir en dúas aulas aos/as nenos/as (no caso de haber limitacións respecto do espazo), unha en Barrantes e outra na Casa da cultura de Ribadumia, tendo preferencia en Barrantes os/as nenos/as que fagan uso do comedor escolar.

Este é así un paso do Concello de Ribadumia para manter estes servizos tan necesarios por moitas familias para poder conciliar a vida laboral e persoal a pesar da incertidume coa que se está a vivir a actual situación do COVID19, Poñendo todos os medios disponibles, sempre co máxima precaución, para facilitar ás familias a conciliación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.