Ábrese o prazo para recibir propostas a “Ribadumiense en prol do galego”

O Concello de Ribadumia informa que o próximo día 15 de xaneiro se abre o prazo para recibir propostas de candidatos para ser recoñecidos “Ribadumiense en prol do galego” con motivo da celebración o próximo 17 de maio das Letras Galegas. Os interesados poderán presentar as propostas no rexistro do Concello de Ribadumia ata o día 28 de febreiro
Publicado por o día 15/01/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

Ábrese o prazo para recibir propostas a “Ribadumiense en prol do galego”

O Concello de Ribadumia informa que o próximo día 15 de xaneiro se abre o prazo para recibir propostas de candidatos para ser recoñecidos “Ribadumiense en prol do galego” con motivo da celebración o próximo 17 de maio das Letras Galegas. Os interesados poderán presentar as propostas no rexistro do Concello de Ribadumia ata o día 28 de febreiro.

Cabe ter en conta que as propostas de concesión para poder ser consideradas deberán proceder, tal e como recollen as bases, de:

A)Equipo de goberno do Concello de Ribadumia

B)Petición conxunta de catro concelleiros

C)Dunha petición razoada e xustificada dun organismo oficial, entidade ou asociación legalmente constituída, que se presente avalada pola sinatura de 100 veciños.

D)Dunha petición subscrita por un número de veciños que represente, cando menos, o 3% da poboación do Concello de Ribadumia no momento de presentaren a proposta.

E toda proposta deberá ir acompañada dunha memoria explicativa sobre os méritos do candidato no uso e difusión do galego que inclúa, cando menos, a exposición e motivos, notas biográficas da persoa ou persoas propostas ou breve resume histórico en caso de entidades, currículo e accións meritorias ou salientables, achegas ou adhesións doutras entidades e asociacións á proposta.

Debe terse en consideración que as candidaturas deberán realizarse sobre persoas vivas ou entidades en activo.

A persoa ou colectivo finalmente seleccionada será homenaxeada nun acto que buscará recoñecer a súa labor en prol do uso do galego en todos os ámbitos da vida, no noso concello e máis aló del, e que terá lugar o propio 17 de maio na Gala-homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”.