“Acaban de vender os traballadores e traballadoras de Povisa como se fosen números”

Eva Solla acusou á Consellería de Sanidade de orquestrar a venda do Hospital ao renegociar o concerto
Publicado por o día 09/10/2019 na sección de Galicia,Grupo Común da Esquerda,Política,Vigo

“Acaban de vender os traballadores e traballadoras de Povisa como se fosen números”

Esta tarde, Eva Solla lembrou no ao conselleiro de Sanidade no Pleno que o seu Goberno acababa de “vender unha vez máis os traballadores e traballadoras de Povisa como se fosen números, cunha operación orquestrada pola Consellería de Sanidade cando o pasado ano vostedes decidiron, en connivencia coa empresa, renegociar un concerto para aplicar un saneamento das contas e así facilitar a venda a Ribera Salud”.

“Venden tamén a atención sanitaria de 140 mil galegos e galegas aos que deixan en mans dunha gran corporación estadounidense. Lembro tamén que é un fondo de Luxemburgo o que ten o 16% do novo Hospital de Vigo. Os cidadáns de Vigo teñen a súa sanidade dependendo de grandes fondos de investimento grazas ás súas políticas”, continuou a deputada do Grupo Común da Esquerda.

Solla acusou tamén á Consellería de Sanidade de obrigar aos vigueses e viguesas a seren atendidos por unha multinacional estadounidense ao recortar 500 camas no Hospital Álvaro Cunqueiro e impedir así que toda a cidadanía teña igual acceso á sanidade pública. “Os que non teñen unha posición marcada son vostedes. Nós defendemos sempre a sanidade pública e o emprego. Pregúntome onde estaban vostedes no 2013 cando os traballadores foron a folga indefinida, cando se despedían ás administrativas e ás limpiadoras. Onde estaba vostede? Na pancarta do señor Silveira, aí estaba vostede”, finalizou Solla na súa quenda de réplica.

Una respuesta para "“Acaban de vender os traballadores e traballadoras de Povisa como se fosen números”"

Comentar noticia

Your email address will not be published.