Acábase de abrir o prazo de inscripción para a II edición da carreira 5+5 que se celebrará no Calvario

Por o 10/01/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Acábase de abrir o prazo de inscripción para a II edición da carreira 5+5 que se celebrará no Calvario

Acábase de abrir o prazo de inscripción para a II edición da carreira 5+5 que se celebrará no Calvario o próximo día 10 de febreiro. Esta carreira que sae da peonil do Calvario, diante do Mercado, percorrerá a rúa Aragón e Travesía de Vigo ata chegar á fonte de Fenosa onde dará a volta á rotonda para volver polo mesmo camiño ata as fontes da rúa Aragón e logo Jenaro de la Fuente, Gregorio Espino e chegada ao Mercado de novo. Este percorrido de 5Km deberá ser repetido por aqueles que estean inscritos na carreira absoluta, completando así o 10Km.

Nesta segunda edición esperamos superar a participación da anterior na cal correron máis de 800 atletas.
 
Se a edición anterior estivo dedicada aos olímpicos da provincia, facéndolles un recoñecemento público, coa presenza de destacados atletas como Carlos Pérez, Carlos Adán ou Gonzalo Aguiar, nesta ocasión queremos dedicar a carreira a unha institución instalada no barrio e que fai un enorme labor social: A Fundación Igualarche, para a cal se abrirá un dorsal solidario.
 
Haberá trofeos para as nove categorías por idades, masculinas e femininas, así como para os vencedores absolutos da carreira de 5Km e para os de 10Km. Estes trofeos estarán elaborados polos alumnos da Fundación Igualarche, dándolle así un valor engadido ao premio.
 
Para facer desta competición popular unha festa, teremos actuacións musicais, sorteos e animación infantil.
 
A colaboración das empresas do barrio é fundamental, por esa razón queremos darlles as grazas, especialmente ao Mercado do Calvario que ese domingo abrirá as súas portas para avituallar aos participantes.

O percorrido

Saída:

Urzáiz, Peonil (diante do Mercado)

Urzáiz

Toledo

Cronista Espinosa

Av Aeroporto

Aragón

Trv Vigo ata rotonda fonte Fenosa e volta por

Trv Vigo

Aragón

Jenaro de la Fuente

Gregorio Espino

Urzáiz

Meta diante do Mercado

Así complétanse 5Km, dando unha segunda volta ó mesmo percorrido farán os 10 km da categoría absoluta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.