Acampada contra a pobreza de Vigo únese ao movemento “Nadie Sin Hogar”

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Acampada contra a pobreza de Vigo únese ao movemento “Nadie Sin Hogar”

A Acampada contra a pobreza de Vigo, que leva desde o 17 de febreiro de 2017 ininterrompidamente instalada ante as portas do Concello da cidade, na que pernoitan persoas que non teñen acceso a albergue por razóns de colapso do mesmo e carecen de teito e alternativa habitacional, profundamente vulnerables e silenciados polas administracións competentes, sumámonse ao movemento “Nadie Sin Hogar” e a todas as acampadas que se están levando a cabo ao longo de todo o Estado para denunciar o serio problema do senfogarismo e o empobrecemento severo ante as institucións, que ou ignoran e omiten, ou directamente negan esta evidente realidade, sen que exista vontade política e responsabilidade social para abordar e resolver a grave situación de senfogarismo nas nosas cidades.

“Queremos tecer lazos con outros compañeiros afectados en máis puntos do país para solidarizarnos cunha problemática crónica que é a nosa, vivímola en primeira persoa e que combateremos sen fatiga” declara a acampada.

” NINGUÉN SEN FOGAR!”, berran.

Comentar noticia

Your email address will not be published.