Acampada contra a Pobreza porá o broche final á campaña #TomemosNovembro por todo o alto

Publicado por o día 16/11/2017 na sección de Galicia,Social,Vigo

Acampada contra a Pobreza porá o broche final á campaña #TomemosNovembro por todo o alto
Os venres 17 e 24 de novembro, a Acampada contra a Pobreza porá o broche final á campaña #TomemosNovembro por todo o alto. Catorce artistas amosarannos as súas creacións e o seu compromiso social. Música, teatro, poesía, danza, performance… Hai para tódolos gustos!

O inverno xa está aquí, e son moitos os que non teñen calefacción ou un teito. Demostrémoslles aos nosos políticos que os vigueses e viguesas queremos que actúen, agora máis que nunca.

Venres 17 ás 20:00 no Auditorio da CIG (rúa Gregorio Espino, 47)

Venres 24 ás 20:00 no Café Uf (rúa do Pracer, 19)

Máis información na páxina de Facebook da Acampada contra a pobreza Vigo: https://es-es.facebook.com/Acampada-contra-a-pobreza-Vigo-1861002587518671/