Accidente cunha moto de auga en Vigo

Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Accidente cunha moto de auga en Vigo

Unha rapaza foi evacuada ao centro hospitalario de referencia polo equipo médico de urxencias sanitarias despois de sufrir un accidente cunha moto de auga na Praia de Toralla.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 20:30 horas da pasada tarde. A esa hora, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para os dous ocupantes do vehículo acuático que chocara contra a ponte de Toralla.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112, os feridos foron sacados da auga por unha embarcación particular, pero, igualmente, necesitaban asistencia médica.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, alertouse do sucedido aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia para trasladar os feridos.

Unha vez no punto, os membros dos equipos de intervención confirmaron ao 112 que o equipo médico trasladou a unha rapaza que resultou ferida tras o impacto.

Do mesmo xeito, informouse tamén aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.