Accidente laboral en Rodeiro

Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Sucesos

Accidente laboral en Rodeiro

O helicóptero medicalizado con base en Ourense desprázase ata a localidade pontevedresa de Rodeiro, concretamente, ata o matadoiro situado na estrada que une Lalín e Monforte.

Sobre as 12:00 horas, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que solicitaba asistencia para un compañeiro. Indicaba que lle caera unha gaiola enriba pero estaba  consciente e accesible. De inmediato, ademais de pasar aviso ao 061-Urxencias Sanitarias,   informouse á Garda Civil, GES  de Lalín e Protección Civil da localidade.