Acción o 24 de maio – día da muller antimilitarista

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, conmemoran neste 24 de maio, como todos os anos, o día da muller antimilitarista. E denuncian a violencia e guerras nas que o poder económico amasa beneficios a costa do sufrimento dos nosos pobos.

“A industria armamentística, da que os estados son cómplices, move miles de millóns sendo unha das máis rendíbeis do mundo. Como vender todo este arsenal nun mundo en paz? Precisamos conflitos consumidores. Así, aliméntanse guerras como as de Siria, Sudán, Yemen, Congo…onde o beneficio é dobre. Un mundo en paz, enriquece ao pobo. Un mundo en guerra, enriquece ao grande capital. Da guerra e o conflito come a empresa armamentística, máis tamén come a petroleira, e todos os sectores que dispoñen de materias primas a prezo de espolio.”

“Nos conflitos armados as mulleres sufrimos dobremente. Un mundo en paz, empondera as mulleres. Na guerra, as mulleres somos saqueadas: os nosos fogares, o noso traballo e, o máis terrible, o noso corpo, convértense en botín de guerra. En todos os conflitos armados, miles de mulleres son violadas, escravizadas, prostituídas… sufrindo abusos inimaxinables. Esta violencia goza, porén, de total impunidade, sendo inexistentes os casos nos que os culpables son xulgados ou os seus actos teñen algunha consecuencia.”

Denuncian, así mesmo, “que non consideramos que vivimos en paz nun mundo desigual e inxusto. É violencia a explotación laboral, a pobreza. Cando se apoia un réxime corrupto ou autoritario, estase a disparar contra a poboación. Cando se desposúe a un país dos seus recursos, está a ser bombardeando. A fame nun país, é guerra. A falta de liberdade de expresión é guerra. A opresión e falta dos dereitos das mulleres é guerra.”

Comunican que este 24 de maio, na Praza da Princesa, a partir das 19:00 h. celebrarán un acto para commemorar este día no que contarán con música, lectura de textos e poesía.



Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá