ACE comeza a rendición de contas polas aldeas

Publicado por o día 29/06/2017 na sección de ACE,Cangas,Galicia,Política

ACE comeza a rendición de contas polas aldeas

ACE, por decisión da coordinadora da coalición, inicia unha campaña de rendición de contas e de diálogo coa veciñanza. Dita campaña levarase adiante nos próximos días, comezando o 1 de xullo en Menduiña. Ditos actos percorrerán as aldeas ao longo das próximas semanas, co obxectivo de render contas destes dous anos no goberno así como recoller as demandas de primeira man por parte do alcalde, Xosé Manuel Pazos e do concelleiro de Urbanismo, Facenda e Patrimonio Mariano Abalo. Estas xuntanzas coa veciñanza, queren cumprir coa finalidade de ser unha ferramenta útil para a resolución dos problemas de cada aldea; priorizando, como é obvio, aquilo que teña máis urxencia.

ACTOS CONFIRMADOS:

  • MENDUIÑA: Sábado, 1 de xullo ás 20h no Parque de Socotelo
  • VIÑÓ: Martes, 4 de xullo ás 20h na Parada de Bus (Carretera de arriba)
  • COIRO: Mércores, 5 de xullo ás 20h na Escola Vella da Retirosa
  • PINTÉNS: Xoves, 6 de xullo ás 19h no bar O Buraquiño
  • DONÓN: Xoves, 6 de xullo ás 20:30h na Eira Vella
  • CANGAS: Venres, 7 de xullo ás 20h na Casa da Cultura