ACE decidiu reclamar á concelleira Tania Castro a súa renuncia cautelar

Publicado por o día 13/01/2017 na sección de ACE,Cangas,Galicia,Política,Vigo

ACE decidiu reclamar á concelleira Tania Castro a súa renuncia cautelar

Os membros da asamblea local de ACE decidiron reclamar á concelleira Tania Castro a súa renuncia cautelar despois das publicacións en medios de comunicación nacionais sobre unha condena en firme. 

No comunicado ofrecido os medios a través dunha nota na rede social Facebook, Anova Cangas ven de publicar  o seguinte texto:

Onte 12/01/2016 ás 20.00 hs. Celebrouse a asemblea local da ACE aprobando facer público o seguinte comunicado:
1º.- O conflito xurdido ten a súa raíz única e exclusivamente na sentenza firme que condena á concelleira Tania Castro, causa que obriga a posicionarse a ACE.
2º.- A asemblea local da ACE decidiu reclamar á concelleira Tania Castro a súa renuncia cautelar; deixando así de desempeñar as súas funcións como concelleira dunha área do goberno municipal.
3º.- Urxir á Coordinadora Nacional e da Comisión de garantías de En Marea unha resolución urxente do expediente da citada concelleira de cara a resolver definitivamente esta situación.