ACE en relación á condena de Tania Castro

Comunicado de Alternativa Canguesa de Esquerdas a poboación

Xa hai meses, saíu unha noticia sobre a concelleira de Medio Ambiente e Turismo Tania Castro onde se informaba da súa condena oficial por despido improcedente a un traballador, así como por telo menos horas contratado das que realmente traballaba.

Esta é unha actitude que non é compatible nin co código ético de Anova nin o de ACE. Anova Cangas, dentro da coordinadora local de ACE, confluencia onde participan Esquerda Unida e Anova; decidiu arranxar este tema internamente sen crear conflitos e circo mediático; evitando en última instancia que este motivo fose tóxico para o concello e para o pobo cangués.

O día cinco de xaneiro de 2017, okdiario.es e elplural.com facíanse eco desta nova, para ACE non era novidade, pois na prensa local xa saíra en outubro do 2016. Isto provocou que algunhas persoas tentaran ensuciar e embarrar a imaxe de Anova Cangas e mesmo de ACE, por non tomar medidas; é por iso que ACE quere desmentir que estas medidas non fosen tomadas, polo que a continuación expoñen o aviso enviado á Coordinadora Nacional de En Marea, coordinadora composta entre outras, pola persoa condenada Tania Castro. Cremos que a maneira máis sa de curar esta ferida é atallalo dende arriba, pois non servirá de nada tomar decisións a nivel local se unha persoa con esta condena segue a ter responsabilidades políticas a nivel nacional. Este envío realízouse o 29/11/2016 despois de convocar a dita concelleira até en tres ocasións sen que esta persoa aparecese polo local nin dese sinais de vida.

Á COORDINADORA NACIONAL DE EN MAREA.

Celebrada xuntanza da Coordinadora Local da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), o día 23/11/2016 ás 20.00 horas, entre outros puntos tratou e decidiu o seguinte:

Sendo coñecedores pola prensa e outros medios da sentenza recaída sobre a concelleira de ACE, Tania Castro, na que resulta condenada por vulnerar os dereitos dos traballadores e confirmada a sentenza como firme, considerando o recollido no código ético de ACE no seu apartado g) que contempla o rexeitamento de conductas como a expresada na devandita sentenza en atención aos apartados m) e n) convocamos á citada concelleira reiteradamente, ata en tres ocasións, ao efecto de esclarecer e definirse sobre este asunto, esta Coordinadora Local aproba a seguinte proposta:

Dirixirse a Coordinadora Nacional de En Marea por considerar que, sabedores de que Tania Castro forma parte da mesma, este órgano político debe tomar en consideración e posicionarse sobre o presunto incumprimento do código ético de En Marea e o alcance desta vulneración respecto ás responsabilidades que ostenta.

>> CONTESTACIÓN / COMUNICADO TANIA CASTRO

Nado en Vigo hai 36 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

ACEComunicadoen mareapodemosTania Castro

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • toño

    Esta tipa non pode estar en Ace,En Marea, Podemos….este partidos da “nova política” non teñen código ético????
    Quen pode defender a alguén así con una sentenza firme de explotar a traballadores!
    Como é que esta tía segue cobrando e tendo un sueldo en En Marea como mao dereita de Carmen Santos?