O 20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e co aumento da esperanza de vida esta porcentaxe irá en aumento, pero que unha persoa sexa maior de 65 anos non quere dicir que non sexa precisa para a sociedade. Non creemos no illamento dos maiores, nos “fogares de pensionista” nin na súa presencia testemuñal para encher espazos públicos, é obvio que a situación actual de este colectivo é moi distinto o que algún día representaba dito colectivo.
Victoria Portas apuntou que estas persoas “teñen que ter un envellecemento activo e saudable, un dereito ao ocio, formación, cultura, práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidan intervir activamente na vida económica, social, cultural e política da nosa vila.”.
Para isto, ACE propón, entre outras cousas, a inclusión de Cangas na Rede de cidades amigables coas persoas maiores, proxecto creado pola OMS onde participan moitas cidades doutros puntos e que busca a integración activa deste colectivo.
Tamén apostarase pola evolución e información das situación de necesidade social e a resolución das situacións, ningunha persoa en necesidade ou risco de exclusión social debe quedar desprotexida, poderíamos falar de :
- Medio de transporte para aquelas persoas maiores soas, sen recursos ou enfermas.
- Implantación do programa participativo mirada activa, que é un proxecto enfocado a unha colaboración comunitaria para paliar a soidade das persoas maiores.
- Reforzar o SAD (Servizo Axuda a Domicilio), reforzalo en horas e servizos para que as familias poidan levar a cabo a conciliación familiar e laboral cando no seu fogar existen dependentes. E pola outra banda, a mellora laboral das persoas que levan a cabo dita actividade social tan necesaria.
- O control das situación de necesidade ou risco de exclusión social: cubrir as súas necesidades básicas e principalmente a pobreza enerxética.
- Ademais de actividades culturais, musicais e de lecer.
Estamos en contra das residencias privadas as cales a maioría da veciñanza de Cangas non poderían acceder por cuestión económicas. Portas engadiu que “sacar a persoas dependentes ou maiores do seu entorno crea problemas severos de saúde; afastarte da túa xente e da túa casa provoca un maior desarraigo. Nós promoveremos un estudo motor de alternativa á convivencia”
A vivenda a alternativa das residencias serían apartamentos a través do aluguer social, conmutación do aluguer, compra a través de cooperativas ou recuperación de edificios. Todo isto serviría para dotar de servicios comúns (lavandería, comedores ou robotización das vivendas entre outros); acadando así un aforro en materia enerxética dende o principio de solidariedade e cooperativismo.
“Reiteramos que o noso apoio está garantido na loita da recuperación do dereito fundamental que é ter pensións dignas e suficientes, así como a loita contra as pensións por baixo do limiar da pobreza” concluíu Victoria Portas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.