Achan flotando no mar o corpo sen vida dun home en Oleiros

Publicado por o día 09/09/2018 na sección de Sucesos

Achan flotando no mar o corpo sen vida dun home en Oleiros

O corpo sen vida dun home foi atopado esta tarde flotando no mar nunha zona próxima a Lorbé, en Oleiros. O 112 Galicia tivo constancia do achado ás 15:30 horas, momento en que unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dos feitos. Indicaba no seu relato que encontraran o corpo dun varón aboiando a menos dunha milla de terra.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o corpo foi rescatado polos socorristas da Praia de Mera e trasladado ao Porto de Lorbé.