Achegámoste as novidades deste mes de xuño da editorial Xerais

Publicado por o día 23/06/2020 na sección de Cultura

NoticiasVigo.es achegate as novidades de Xerais que xa están chegando ás librarías neste mes de maio de 2020 tras o confinamiento.

A viaxe culinaria de Kukinhas

Elisa, a autora do coñecido blog kukinhas.com, guíanos por unha fascinante viaxe gastronómica arredor do mundo con receitas doadas de facer, onde cada ingrediente e cada prato conta unha pequena historia sobre outros xeitos de entender a cociña.

Autor/a: Elisa Kukinhas.

Xero: Gastronomía.

Alcaldesa Vermella

Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do bosque un lugar mellor.

Autor/a: El Hematocrítico.

Xero: Infantil Xuvenil.

Ilustrador/a: Mar Villar.

Traductor/a: Anaír Rodríguez.

A media hora dos heroes

Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana. Xa pensaba que ía pasar uns descansos aburridísimos, cando foi convidado a formar parte dun grupo de nenos e nenas tan especiais coma el: o incrible e secreto equipo «Lendas do recreo».

Autor/a: El Hematocrítico.

Xero: Infantil Xuvenil.

Ilustrador/a: Albert Monteys.

Traductor/a: Anaír Rodríguez.

Campións do mundo

Os compoñentes de «Lendas do recreo» pasan un tempo entretido xogando ás escondidas. Non esperaban que un descoñecido interrompese a súa diversión asegurando que é o campión do mundo deste xogo.

Autor/a: El Hematocrítico.

Xero: Infantil Xuvenil.

Ilustrador/a: Albert Monteys.

Traductor/a: Anaír Rodríguez.

Saída o 25 de xuño

48 horas

Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais. A súa busca ten tempo límite: 48 horas. Entre todos serán quen de atopalo?

Autor/a: Cándido Paniagua Pousa.

Xero: Infantil Xuvenil.

Cando soa a buguina

Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa familia. O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela. Pero unha tarde o pai de Carme non volve. O seu barco perdeuse no mar.

Autor/a: X. H. Rivadulla Corcón.

Xero: Infantil Xuvenil.

Ilustrador/a: Viki Berre.

O mundo máxico de Lía

Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra. Lía non ten medo, é unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto á súa nai, aínda que sexa o malvado líder dos homes rata.

Autor/a: Eduardo Santiago.

Ilustrador/a: Marcos Calo.

Xero: Infantil Xuvenil.

Tecermos redes, crearmos comunidade

“Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez” é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista. Autoras dos artigos: Alba Cid, Antía Marante Arias, Charo Lopez Sanches, Eli Ríos, Fernanda González Briones, Lara Dopazo Ruibal, María Boguszewicz, María Rosendo, María Vilariño Suárez, Mariña Fernández Reino, Mercedes Queixas Zas, Natàlia Oriol Fuguet, Neil Anderson, Patricia Mateo, Rosalía Fernández Rial, Sabela Pena García, Xoán López Viñas.

Autor/a: Ánxela Lema París e Andrea Nunes Brións.

Xero: Lingua e literatura.