Achégase agosto con novas noites de verán cheas de música e cine

Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

Achégase agosto con novas noites de verán cheas de música e cine

O Concello de Ribadumia informa de que o próximo sábado comeza o segundo mes de programación nas noites de verán, onde diferentes concertos, actuacións e cine farán desfrutar do ocio estival a toda a familia.

Continúan a seren os sábados os días elixidos para concertos, actuacións e cine para toda a familia, exceptuando os venres días 14 de agosto. Estas “Noites de verán” continúan agosto coa seguinte programación:

MES DE AGOSTO | DIA HORA ACTO

1 22.00 H AGRUPACIÓN MUSICO CULTURAL DE RIBADUMIA “MÚSICA PARA O REENCONTRO”

8 22.30 H CINE “MASCOTAS 2”

14 22.30 H Venres. FORA DE SER VICIO.- “Rock diverso”

22 22.00 H BANDA DE MUSICA DE RIBADUMIA “CON SENTIDIÑO”

29 22.30 H ANTONIO SEIJO E JESUS MOARES “THIS IS MY LIFE”

Cabe destacar o cambio de ubicación nesta edición, xa que se trasladan para a Carballeira de Barrantes, para facilitar a aplicación das medidas precisas segundo as recomendacións ante o COVID 19. Será obrigatorio o uso de máscara, ademais das distancias de seguridade e medidas de hixiene recomendadas.

Animamos así a todos a disfrutar en Ribadumia as noites de verán!

Comentar noticia

Your email address will not be published.