ACIGU CCA celebrou o pasado sábado a Feria de Oportunidades de A Guarda

Publicado por o día 19/08/2019 na sección de A Guarda,Galicia

ACIGU CCA celebrou o pasado sábado a Feria de Oportunidades de A Guarda

O pasado sábado día 17 de agosto a Asociación de Empresarios A Guarda Centro Comercial Aberto celebrou xunto a un grupo de comerciantes locais unha Feria de Oportunidades de carácter extraordinario e autorizada pola Mesa de Comercio Local da Guarda.

O evento tivo lugar durante todo o día na praza Avelino Vicente (As de Copas), contando cunha extraordinaria afluencia de visitantes que non deixaron perder esta ocasión para aproveitar os descontos e ofertas especiais do comercio da vila e para facer as súas compras.

Anxo Baz, Concelleiro de Comercio, destacou na súa visita a esta feira a importancia de por en valor o comercio de proximidade, como nexo de unión para o pobo e como fonte de riqueza para as empresas locais, destacando o labor realizado na recente humanización da Rúa Concepción Arenal, artellando un novo modelo de mobilidade que permita facer compras no centro do pobo con maior comodidade con desprazamentos a pé, permitindo unha maior conexión entre os potencias clientes e os comercios.

Nesta ocasión trasladouse este evento de emprazamento achegando aínda máis se cabe o comercio á rúa, nunha zona recentemente remodelada na que os peóns son o elemento predominante dentro desta praza e da súa contorna, nun novo modelo de mobilidade urbana.

Comentar noticia

Your email address will not be published.