Aclaración ás informacións referidas á defensa legal do ex concelleiro Xabier Alonso

Foto de arquivo

Diante das informacións recollidas nos medios de comunicación a respeito da defensa legal do ex concelleiro do BNG, Xabier Alonso, en relación á causa do chamado caso “Formigón” da que resultou totalmente exculpado, o BNG de Vigo quere manifestar publicamente as seguintes consideracións:

– En primeiro lugar salientar que o compañeiro Xabier Alonso foi exculpado hai case un ano de calquera cargo penal que tivese relación co chamado caso “Formigón”.

Esa decisión xudicial, confirma a total inocencia do ex concelleiro nacionalista, ficando fielmente acreditado que non participou de ningunha maneira en actuacións irregulares.

– Dado que no momento en que o compañeiro Xabier Alonso foi encausado non era concelleiro en exercicio, a Asesoría Xurídica do Concello de Vigo indicou que non podía asumir directamente a súa defensa.

– Unha vez confirmada a decisión xudicial que o exculpaba, atendendo os criterios da Asesoría Xurídica municipal, o ex concelleiro remitiu a minuta dos gastos derivados da súa representación e defensa legal, para seren asumidos polo Concello de Vigo. Tal circunstancia, non só non constitúe ningún tipo de privilexio senón que se corresponde cun dereito que lle asiste, tal e como se recoñece expresamente nos informes técnicos municipais que avalan o abono desa factura, cuxo importe se corresponde cos honorarios habituais a prezos de mercado.

– Sinalar que a solicitude do abono dos gastos que provocou o seu encausamento por ter sido Concelleiro Delegado de Deportes no período 2007-2011, foi posterior a se coñecer a súa exculpación. Unha circunstancia que o diferenza de maneira radical doutros casos cos que non se sostén formular ningún paralelismo.

– Por derradeiro, expresar a satisfacción do BNG diante da constatación de que a actuación dos seus cargos públicos se axusta plenamente á legalidade e a un comportamento ético, en contraste coas prácticas estruturalmente corruptas que, por mágoa, continúan a marcar a axenda política.


EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá