O goberno local ultima un acordo coa Universidade para o pago do IBI

Abel Caballero deu conta esta mañá do acordo “practicamente pechado” coa Universidade para o pago do IBI que a institución académica ten pendente coa administración local. Así o explicou o rexedor logo de manter un encontro co reitor Manuel Reigosa, con quen asegurou manter relacións fluídas.
Publicado por o día 10/10/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

O goberno local ultima un acordo coa Universidade para o pago do IBI

Concello e Universidade están a piques de chegar a un acordo para o pago do IBI que a institución académica adeuda ás arcas municipais. Así o explicou o rexedor logo de manter un encontro co reitor, Manuel Reigosa e co delegado da Zona Franca, David Regades. Está previsto que a Universidade poida fraccionar os pagos e, unha vez saldada a débeda, poderá recibir os 300.000 euros de subvención que o Concello lle outorga para actividades deportivas, comedores escolares ou transporte. En todo caso, precisou Caballero, o importe desta achega é independente do case millón de euros que o Concello adica ao financiamento do transporte á Universidade.

O alcalde ratificou o compromiso de reforzar os autobuses ao CUVI nas horas de máxima afluencia -sobre todo ás primeiras horas da mañá, tal e como lle solicitou o reitor. Outro dos asuntos que se abordaron durante o encontro foi a mellora do transporte desde o Val Miñor, cunha estación de transferencia de pasaxeiros no polígono de Porto do Molle. En declaracións aos medios, Caballero destacou que as relacións co reitorado “son fluidas” o que resulta “moi agradable” porque o noso nivel de acordo é total”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.