O acordo logrado pola FEMP para investir o superávit suporá 18 millóns máis para Vigo

Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O acordo logrado pola FEMP para investir o superávit suporá 18 millóns máis para Vigo

O alcalde cualificou de “logro histórico sen precedentes” o acordo acadado por catro grupos políticos para emendar os Orzamentos Xerais do Estado de xeito que as corporacións locais poidan investir o superávit. Dos aproximadamente 7.000 millóns que aforraron os concellos no 2016, a Vigo correspóndelle 18.

Caballero situou esta mañá en 18 millóns a cifra que lle corresponde a Vigo procedente do acordo para investir os 7.000 millóns de superávit que alcanzaron as entidades locais en 2016.

Finalmente, os concellos poderán investir os seus aforros, “un logro histórico e sen precedentes” conseguido o pasado luns polo presidente da FEMP, quen acadou o acordo de catro grupos políticos do Congreso para apoiar unha emenda ao documento de orzamentos, que está en tramitación parlamentaria.

O alcalde de Vigo amosou a súa satisfacción porque este acordo permitirá que os concellos poidan devolver os seus aforros aos seus veciños en forma de investimentos.