Afundación en casa finaliza mañá, xoves 28 de maio, a súa iniciativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender a reducir e xestionar o estrés resultante da situación que atravesamos nestes momentos. Mañá, ás 19.00 h, na sección «Directos Afundación-TV», o prestixioso coach Leandro Fernández Macho proporcionará, a todas as persoas inscritas para participar neste programa, as ferramentas necesarias para reducir e xestionar as complexidades emocionais resultantes desta etapa extraordinaria. «Actitud TOP» foi o título destas sesións que se puideron seguir en directo, a través da nova páxina web de Afundación, Afundación en casa, todos os xoves, durante nove semanas, desde as 19.00 ata as 21.00 h. As persoas participantes tiveron tamén opción de interactuar ao longo dos encontros. As inscricións para esta derradeira sesión pódense realizar aquí.
«Actitud TOP», de Leandro Fernández Macho
Leandro Fernández Macho é un dos pioneiros na introdución en España da intelixencia emocional e varias das súas ferramentas no ámbito directivo e profesional. É licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Wolverhampton University, diplomado en Administración e Dirección de Empresas polo Tompkins Cortland Community College de Nova York e ten un Mestrado en Dirección de Recursos Humanos por ICADE (Universidad Pontificia de Comillas). É profesor asociado en IESIDE, en ESIC Business &
Marketing School, así como colaborador na Universidad de Cantabria e o Centro Internacional Santander Emprendimiento.
Actualmente dirixe a consultora On The Top, especializada en liderado e xestión de persoas. Ata hoxe, Leandro tivo a oportunidade de traballar para máis de 150 organizacións de múltiplos tamaños e sectores, así como con varios milleiros de persoas, innovando constantemente en modelos, ferramentas e experiencias, que permiten maximizar o rendemento e benestar de persoas, equipos e institucións.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.