Este incendio comezaba ás 14,15 h. desta tarde e arestora permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 60 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
#IFSanMillaoCualedroActivada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio ourensán de Cualedro, parroquia de San Millaohttps://www.noticiasvigo.es/activada-como-medida-preventiva-a-situacion-2-no-incendio-forestal-activo-no-municipio-ourensan-de-cualedro-parroquia-de-san-millao/Imaxes da Asociación de Traballadores das BRIF pertencentes ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico [@AT_Brif], do Diario dun Bombeiro [@BrifLaza] e e da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais pertencentes ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico [@briftabuyo].
Publicada por Noticias de Vigo en Miércoles, 29 de julio de 2020
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.