A actividade asistencial do centro de saúde de Abegondo no pasado ano foi de preto de 40.000 citas cos médicos de familia, pediatras e persoal de enfermería

Por o 24/03/2017 | Sección: A Coruña,Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia
A actividade asistencial do centro de saúde de Abegondo no pasado ano foi de preto de 40.000 citas cos médicos de familia, pediatras e persoal de enfermería
Compartir en:

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe o centro de saúde de Abegondo, instalación que atende a preto de 5.000 veciños e veciñas con tarxeta sanitaria residentes neste concello.

Na súa visita, o titular da carteira sanitaria do Goberno galego estivo acompañado polo alcalde, José Antonio Santiso Miramontes; polo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro Tato; pola xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez Fernández; e polo xerente de Xestión Integrada do Sergas na Coruña, Luis Verde Remeseiro.

Destacar que a actividade asistencial durante o ano pasado deste centro que hoxe visitou Almuiña foi de preto de 23.000 citas efectivas cos médicos de familia, preto de 4.000 citas de pediatría, e preto de 13.000 citas de enfermería, o que fai unha cifra total que se sitúa preto das 40.000 citas.

Con posterioridade á visita ao centro de saúde, o conselleiro acudiu ao concello, onde asinou no libro de ouro.