Actividade de bibliotecario por un día na biblioteca municipal de Lalín

Publicado por o día 07/01/2019 na sección de Galicia,Lalín

Actividade de bibliotecario por un día na biblioteca municipal de Lalín

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, visitou esta semana a biblioteca municipal, onde se estivo a desenvolver a actividade bibliotecario por un día. Lara Rodríguez salientou a boa acollida e o éxito desta iniciativa de dinamización infantil/xuvenil para nen@s de 8 a 11 anos, que combinou a formación de usuarios e a animación á lectura mediante a participación activa nos traballos que diariamente desenrola un bibliotecario. A edil destacou que a proposta permitiu que rapaces e rapazas permitiu que aprendesen a colocar e clasificar os diferentes materiais da sala, prestar e devolver, poñer telluelos e códigos de barras, revisar cartas de reclamación e desideratas, atender demandas dos usuarios…

Comentar noticia

Your email address will not be published.