Actividades contra as violencias machistas no concello de Lalín

25 de novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Galicia,Lalín

Actividades contra as violencias machistas no concello de Lalín

Xoves, 8 de novembro ás 12:00h. no Salón Teatro de Lalín

CHÉVERE “I’ll be watching you (hei estar vixiándote)”  Teatro con perspectiva de xénero

(dirixido a alumnado de ESO dos IES Laxeiro e Ramón Mª Aller de Lalín)

 Organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e coordinado polo CIM de Lalín

I’LL BE WATCHING YOU (hei estar vixiándote), de Chévere Teatro é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo.

ILL’ BE WATCHING YOU fala dos valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, o mito do amor romántico e a entrega total, o sentimento de propiedade sobre a outra persoa, o acoso e a cosificación sexual da muller ou a connivencia coa violencia. Fala das relacións de igual a igual fronte ás que non o son, da autoestima, da rebeldía, da necesidade de reacción das propias mulleres e dos homes para poñer fin á violencia de xénero.

REPERTORIO

Police: I’ll be watching you
Pablo Alborán: ¿Donde está el amor?
Ctangana: Mala mujer
Jessy&Joy e Alejandro Sanz: No soy una de esas
Maluma: 4 babies
Bad Bunny: Me llueven
Outras

Venres, 9 de novembro

Remata o prazo de presentación do VII concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2018 #Lalinsenviolencia

Organizado pola Oficina de Igualdade

Mércores, 14 de novembro ás 17:30h. na Sala de Reunións do Concello de Lalín

Fallo do Xurado XV concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2018

Organizado pola Oficina de Igualdade

Mércores, 14 de novembro ás 18:30h. na Sala de Reunións do Concello de Lalín

Fallo do Xurado VII concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2018 #Lalinsenviolencia

Organizado pola Oficina de Igualdade

Luns, 19 de novembro

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A través de cartelería, redes sociais e radio (Radio Lalín e Radio Voz), ao longo da semana.

Mércores, 21 de novembro ás 12:00h. no Concello de Lalín

COLGADA NO BALCÓN DO CONCELLO DA PANCARTA REIVINDICATIVA

Non á violencia! O silencio fainos cómplices!

Venres, 23 de novembro ás 12:00h. no Vestíbulo do Concello de Lalín

CONCENTRACIÓN DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(dirixido a Centros Educativos de Lalín e poboación en xeral)

Organizado pola Oficina de Igualdade

Neste acto simbólico no que está invitada a participar toda a cidadanía, participará alumnado e profesorado dos centros educativos de Lalín, que amosarán a través de diferentes manifestacións artísticas o seu rexeitamento ante esta gran lacra social. Tamén se lerá un manifesto contra a violencia de xénero.

REPARTO DE PEGATINAS REIVINDICATIVAS CO #LALINSENVIOLENCIA

CONDUCCIÓN DO ACTO a cargo de Mª Jesús Payo Negro, Axente de Igualdade.

LECTURA DO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO consensuado cos grupos políticos, a cargo de Mª Jesús Sánchez Fernández, Concelleira de Igualdade.

Sábado, 24 de novembro ás 20:00h. na Biblioteca Municipal

FEMINAZI – Curtametraxe e conversa con Diana López

(dirixida a maiores de 16 anos ata cubrir aforo)

Organizado pola Oficina de Igualdade en colaboración coa Concellería de Cultura

Diana López presenta esta obra rompedora e transgresora que busca plasmar unha parodia do feminismo mal entendido e no que os prexuízos e o descoñecemento do movemento, fan ter unha idea terxiversada a moitas daquelas persoas que critican, valoran e xulgan a partir da súa ignorancia.

Feminazi é unha produción audiovisual dirixida por Diana López Varela (Pontevedra, 1986) , guionista, bloguera e columnista. Escribiu e dirixiu a exitosa obra de teatro breve “No es país para coños” e escribiu o ensaio feminista do mesmo nome, do cal xa saíu a súa terceira edición (Península/ GRUPO PLANETA) que é unha reflexión fresca e vibrante sobre o rol do feminismo e a necesidade de reivindicalo na teoricamente moderna sociedade española.

Á súa vez, co-escribiu a longametraxe de animación “Memorias dun home en pixama” (adaptación da novela gráfica superventas de Paco Roca, autor de Engurras), a longametraxe O alcalde, o documental de Canal+ Explosión de series, a adaptación en lectura teatral de Pulp Fiction (dirixida por Carlos Vermut), o documental para TVG 25 anos de cinema galego, a segunda tempada da webserie Clases do social, o curto musical Superpunky* e dúas longametraxes rodadas en República Dominicana.

Ademais, traballa habitualmente como guionista en programas de televisión e escribe unha columna semanal no El Nacional.cat e en Diario de Pontevedra e colabora ocasionalmente con Jot Down Cultural Magazine. O seu blog, Suspenso en relixión, é un dos referentes máis importantes do feminismo de novo cuño en España.

Sinopse de FEMINAZI

A historia narra unha relación de parella na que Rocío, membro dunha Plataforma Feminista, acode a un acto da mesma e dille a Manu (o seu noivo), as responsabilidades que teñen en común.

A partir dunha discusión entre ambos, os feitos que van acaecendo fan que a situación se volva máis e máis rocambolesca.

Interpretada por Fernando González e Laura Míguez (experimentadxs actor e actriz formadxs na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e membros da compañía teatral Il Maquinario).

Domingo, 25 de novembro ás 18:00h. no Vestíbulo do Concello de Lalín

ARTE-ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(dirixido a poboación en xeral)

Organizado pola Oficina de Igualdade

REPARTO DE PEGATAS REIVINDICATIVAS CO #LALINSENVIOLENCIA

MÓVETE CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Co apoio dos grupos locais de baile da Asociación “Máisquedanza” liderada por Marta Maceiras e Yoli Ogando e  “Sceneballet” baixo a dirección de Graciela Míguez, poderemos movernos ao son das creativas coreografías creadas especificamente para esta ocasión.

MÚSICA EN DIRECTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coa colaboración de Pandereteiras Ponte da Prata BotosIria Varela e Diego Rodríguez, que a través das súas letras poñen de manifesto o seu rechazo máis absoluto contra esta gran lacra social.

ENTREGA DE PREMIOS DO XV CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” E VII CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2018.