Activo un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as primeiras estimacións, este lume afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas
Por o 19/06/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Ourense,Sucesos
Activo un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas.

Este incendio comezou ás 23,00 h. de onte e no seu control traballan 3 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.