Activo un incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Noceda

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Activo un incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Noceda

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Noceda, que afecta unhas 20 hectáreas. O incendio comezou ás 14,26 h. e nel traballan 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.