Activo un incendio forestal no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Pambre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas
Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Activo un incendio forestal no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Pambre

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Pambre.

O incendio iniciouse ás 19,18 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para controlar este incendio mobilizáronse 4 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.