Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 20 hectáreas
Publicado por o día 04/01/2019 na sección de Medio Ambiente,Sorteos

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas.

O incendio comezou ás 14,31 h. con dous focos simultáneos de difícil acceso e nel traballan 2 axentes, 6 brigadas, 2 avións e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.