Activo un incendio forestal no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, que afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as dúas hectáreas
Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, que afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, que afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra.

O incendio comezou ás 13,05 h. de hoxe e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as dúas hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.