A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
Pradorramisquedo
Activo un incendio no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou onte ás 10,28 h. da mañá, afectando agora as 50 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 6 axentes, 21 brigadas, 2 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros.
Rubiais
Controlado ás 18,45 h. desta tarde o lume rexistrado onte ás 22,43 h. da noite no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo novas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 4 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.