Acto aberto á cidadanía de Compromiso por Galicia

Publicado por o día 06/11/2013 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Acto aberto á cidadanía de Compromiso por Galicia

xoan-bascuas  Este xoves, Xoán Báscuas, Secretario Xeral da formación galeguista Compromiso por Galicia, achegarase a Vigo para intervir nunha Asemblea aberta sobre a situación política actual e as diversas opcións cara as eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro ano.

  O acto, ao que Compromiso por Galicia convida a calquera persoa interesada na situación política galega actual, terá lugar no local situado na rúa illas Baleares nº 28 de Vigo ás 20:30. A reunión ten previsto desenvolverse como un debate coa participación aberta a intervencións de militantes, simpatizantes ou cidadáns sen carné político.

 A formación galeguista propuso hai varios meses ao resto de partidos galegos a formación dunha Candidatura Cívica Galega que representase os intereses do País no parlamento europeo, proposta que foi recibida polo resto de partidos de xeito desigual. Esta proposta e as diversas opcións electorais alternativas son as que están sendo debatidas en reunións locais, como a deste xoves en Vigo, e cuia decisión final resultado destes debates deberá ser refrendada nunha Convención nacional de Compromiso por Galicia a finais deste ano, coa intención final de acadar que Galicia conte cunha voz propia no Parlamento Europeo.