Acto de apertura do novo Leroy Merlín da Avenida de Madrid

Caballero augura un “éxito asegurado” a Leroy Merlín polo “enorme tirón” de Vigo.
Publicado por o día 12/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Acto de apertura do novo Leroy Merlín da Avenida de Madrid

No acto de apertura do novo centro da multinacional, Abel Caballero citou a Leroy Merlín como unha das compañías “de prestixio” para a cidade, un “gran obxectivo” porque Vigo “quere ter aquí aos mellores” nomes empresariais do mundo. Engadiu que a empresa estuda a posibilidade de ampliar a súa implantación na cidade.

O rexedor ve unha “moi importante ilusión” detrás do proxecto da empresa, nos homes e mulleres, no emprego que xera: “esa ilusión compartímola”, apuntou Caballero, quen asegurou a cooperación do Concello.