Acto central das marchas da dignidade ca presenza de Diego Cañamero

Publicado por o día 28/02/2014 na sección de Vigo

Acto central das marchas da dignidade ca presenza de Diego Cañamero

A Plataforma Viguesa das Marchas pola Dignidade informa públicamente que:

MAÑÁ SÁBADO ÁS 18:00 H. NO Salón de Actos DOS CAPUCHINOS de Vigo, (Rúa Vázquez Varela) tera lugar o ACTO CENTRAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, ca presencia de Diego Cañamero, portavoz do Sindicato Andaluz de Traballadores.(SAT)

marchas

É coñecido de [email protected] que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.

O pasado día 26 de febreiro, a cidadanía viguesa convocada pola Plataforma local en apoio das Marchas da Dignidade, berrou polas rúas de Vigo: “VIGO DÍ QUE SÍ, QUE O DÍA 22, IMOS A MADRID”

Este Acto Central, co apoio de Diego Cañamero, que forma parte dos preparativos da marcha, a súa difusión e a extensión da mesma, culminará ca organización da viaxe da Columna Galega que faremos en un tren charter xa contratado con Renfe, e que sairá o día 22 de marzo as 7 da mañan da estación de Pontevedra con paradas en Vigo, e algunhas estacións intermedias, ate Ourense continuando directo a Madrid, vía Zamora, para sumarnos co resto de columnas que chegarán de todo o Estado a manifestación das 5 da tarde no percorrido madrileño Atocha-Colón.

Hoxe, venres, entre outros actos de difusión das Marchas da Dignidade, está previsto, ás 21:00h, facer unha Charla-coloquio informativa na A.C. Bou Eva de Vigo, @ACBouEva http://t.co/ipnpPuHgPY.

PRENSA SF INTERSINDICAL