Acto de clausura da exposición do Colectivo Republicano de Redondela “A criminalización do pensamento”

Por o 06/06/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Acto de clausura da exposición do Colectivo Republicano de Redondela “A criminalización do pensamento”

O vindeiro venres día 8 de xuño as 20 horas na Casa da Cultura, terá lugar a clausura da exposición “A criminalización do pensamento”

Dende o Colectivo Republicano queren das as grazas a toda a xente que o longo destes días pasou polo local do BNG a visitar esta exposición, ademais de recoñecer a valentía e coherencia da formación nacionalista que o fixo posible.

Unha mostra que segundo Marcos Santos, secretario do Colectivo Republicano, non buscaba insultar ou menosprezar a ningén e lamenta profundamente todo o acontecido con esta exposición, o tempo que non dubida en responsabilizar directamente destes feitos o alcalde de Redondela, “por poñerse de parte dunha organización fascista e antidemocrática”.

Pola súa banda dende a formación nacionalista, amósanse satisfeitos de ter ofrecido aos veciños de Redondela a posibilidade de visitar esta exposición e agradecen as mostras de apoio de solidariedade recibidas, diante desta campaña infame de coaccións e ameazas a que foi sometido o BNG de Redondela, “simplemente por defender algo tan básico como é a liberdade de expresión” indica o seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños, ao tempo que afirma que unha das primeiras decisións do BNG, cando volva o goberno de Redondela, será devolver esta exposición o Multiusos da Xunqueira.

Neste acto de clausura proxectarase o documental “septiembre del 75” A historia do vigués Xosé Humberto Baena, unha das últimas persoas asasinadas polo franquismo no ano 1.975.

“Septiembre del 75” está dirixido por Adolfo Dufor, quén foi galardoado por este documental na Semana Internacional de Cine de Valladolid. Veremos un proceso cheo de irregularidades, sen probas inculpatorias contra o condenado e as mobilizacións internacionais con protestas en todo Europa, retirada de embaixadores, intervención do Vaticano e a loita da familia de Xosé Humberto para que se reabra o caso e se poida demostrar a súa inocencia oficial.

A presentación correrá a cargo de: Asunción Baamonde, integrante da fundación contra a intolerancia e que tamén è unha das protagonistas do documental.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.