Acto de rúa o día 10, “Por un pacto institucional contra o empobrecemento”

Por o 08/07/2019 | Sección: Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo
Acto de rúa o día 10, “Por un pacto institucional contra o empobrecemento”

O próximo mércores, 10 de xullo, ás 20:00h nas escalinatas do Museo Marco de Vigo, o foro socioeducativo Os Ninguéns queremos facer un chamado de concentración, esixindo un cuatrienio institucional de protección á poboación empobrecida e de xustiza social.

Camiñando cara a un novo goberno estatal, tendo un novo europeo, tamén corporacións municipais recentes e unhas eleccións autonómicas próximas, parécenos moi importante que neste novo cuatrienio, até o 2023, loitemos por acadar un pacto institucional, trasversal, que priorice e interveña dunha vez por todas nos altísimos niveis de empobrecemento severo que atravesan a todo o estado.

Os obxectivos a acadar xa están consolidados polos criterios europeos como o indicador que mide o risco de pobreza AROPE, que revela que está no país moi por enriba da media europea dos estados da zona euro, é dicir, imos á cabeza do empobrecemento e da desigualdade.

Polo tanto, sendo a cuarta potencia de Europa e tendo os recursos, non podemos permitir que tantas persoas contra a súa vontade non poidan cubrir as súas necesidades básicas; sabemos que hai unhas causas estructurais, que provocan a proliferación do traballo precario, por horas, o desemprego, as familias con ingresos cero…e hai que ir a esta raíz.

Queremos asemade visualizar cómo se sinten as persoas empobrecidas, a súa desprotección, a súa inseguridade e vulnerabilidade: que todas empaticemos co que é levar ese tipo de vida tan dura sen un arroupe institucional que é posible con vontade política.

Comentar noticia

Your email address will not be published.