O BNG de Redondela, organiza este venres día 10 de novembro as 20:00 horas no multiusos da xunqueira, un acto público aberto de presentación e debate das “bases democráticas para unha nova Galiza” que contará coas intervencións de: Jessica Garcia, integrante do Consello Local e do deputado no parlamento galego, Luis Bará. Coas bases recollidas neste documento, queren propoñer a sociedade galega un novo horizonte para o pais.
“Temos que avanzar cara un novo deseño político e institucional que nos garanta a capacidade real para poñer en marcha unha Galiza prospera e xusta, capaz de crear riqueza e emprego, que garanta os servizos públicos e os dereitos sociais.
Diante dos cambios que se están dando na configuración do estado español, Galiza non pode quedar marxinada e no furgón de cola”.
Noticias de última hora en Vigo