Acto polas nais empobrecidas

Publicado por o día 23/11/2017 na sección de Galicia,Os Ninguéns,RSP,Social,Vigo

Acto polas nais empobrecidas

Os colectivos Rede de Solidariedade Popular e Foro Socioeducativo Os Ninguéns, convocán mañá venres 24 ás 19:00, diante da dinoseta para construir unha fileira de carriños baleiros de nenas, con toda a intención de visualizar públicamente a pobreza infantil e das súas familias de orixe.

Comproban que maioritariamente achéganse aos colectivos nais que, tendo fillas ao seu cargo, non cubren as súas necesidades básicas provocando estados de ansiedade, inseguridade, angustia, insomnio e depresión.

Cando estamos a rematar o ano 2017, desde os colectivos sociais observamn con indignación que os orzamentos municipais de Vigo e da Xunta de Galicia non reflicten cambios significativos que poidan transformar esta dura realidade nunhas prestacións que, con carácter de urxencia, acheguen ás persoas e familias unha renda suficiente para vivir. Asemade, queren recordar que mañá sábado, esta praza estará “moi ben iluminada”, grazas a un orzamento de máis de 600 mil euros. Hai familias que este inverno non terán esa sorte, e as que lles esperan duros meses de escuridade e frío na casa.

“Estes carriños baleiros querémolos ver ocupados polas nosas fillas evitando a disgregación familiar. Queremos que as institucións públicas asuman reformas estructurais de xustiza social.”